-Tearaway Unfolded:Dos últimos AAA que PS Vita recibeu, Tearaway é unha pequena xoia de Media Molecule (LittleBigPlanet) que aproveitou ao máximo o sistema portátil. E xa con PS4 no mercado, Sony sorprendeunos anunciando unha versión do xogo para a nova consola de sobremesa. Lonxe de ser un simple port, Tearaway Unfolded consegue trasladar toda a experiencia do xogo orixinal e ampliala grazas á PS4 e o seu mando. Un mundo enteiro creado de Origami é a base para unha aventura de puzles e plataformas tan orixinal como visualmente espectacular. E dende logo que se non o conoñecedes merece moito a pena probar o seu concepto.
Propiedade:https://s1.thcdn.com/productimg/600/600/10999317-2134308854405742.jpg
-Disc Jam:Ahora que o clásico Windjammers está precisamente de volta para PS4 e Vita, Sony estrena no PlayStationPlus este Disc Jam, que básicamente é a mesma proposta de partidos arcade con frisbies ou discos voadores, só que con equipos de dous xogadores e unha perspectiva en terceira persoa coa cámara detrás dos personaxes. Disc Jam é un frenético xogo deportivo que enfrenta a entre 2 e 4 xogadores nunha frenética combinación de hockey de aire e tenis. Os xogadores loitan para recuperar e lanzar un disco brillante mentras utilizan devastadoras habilidades e defenden a súa zona.
Propiedade:http://www.ps4blog.net/wp-content/uploads/Disc-Jam-Logo-700x160.png
PlayStation3:
-Under Night In-Birth Exe:Late:Estreado en 2012 para PS3 e o ano pasado en Steam Windows 10, Under Night In-Birth Exe:Late é unha particular mezcla de arcade de loita 2D e novela visual cun gameplay moi baseado en espectaculares combos visualmente devastadores. Se eres fan de Melty Blood ou de outros títulos como Guilty Gear o Blazblue e ademáis che gusta o xénero da novela visual, bótalle un vistazo a este xogo de claro aspecto anime.
Propiedade:https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgse0FHG5gKjdg7S-s101V96WJl4cHtK7un-mdXQC4tthKul3P13TOUwXxSyaUaATlFWUkoSbRmYJV5Ucnd77m1PXd1XQ1ieZPqfFDwYZ3wlhjYExtIMoyvP46lTFO3P53GsCh0vXeyg0yq/s1600/6.png
-Earth Defense Force 2025:Estreado no 2014, Earth Defense Force 2025 é un shooter en terceira persoa que nos pon na pel dun soldado que debe combatir unha invasión extraterrestre, con certo regusto a Starship Troopers por aquelo de que moitos dos inimigos son insectos xigantes (ver a oleada de formigas plateadas como edificios correndo hacia tí en grupo). En sí non é precisamente un xogo con moita chispa, pero co PlayStationPlus é gratis.
Propiedade:https://i.ytimg.com/vi/nFVRZAKWhhk/maxresdefault.jpg