PlayStation 4:
-Drawn to Death: Drawn to Death é un shooter-arena en terceira persoa claramente enfocado ao multixogador online para 4 xogadores, con armas ben tolas, ultraviolento e con entornos dinámicos. E se algo destaca da IP é o seu tremendo estilo visual, cun diseño artístico baseado nos garabatos a boli feitos por un aburrido e metaleiro estudante de instituto no seu caderno entre clase e clase.
Propiedade: https://i.ytimg.com/vi/WGEOSOn2oKM/maxresdefault.jpg
-Lovers in a Dangerous Spacetime: Nesta curiosa mezcla de shoot ‘em up 2D cooperativo con xestión, a colaboración entre dous personaxes será a clave para manter o extraño cubo de neón que nos serve de nave a flote nun universo xerado de forma procedural, o que significa que os escenarios xamáis se repiten en cada partida nova que xogamos. De momento non quedan de todo claras as súas mecánicas, inda que podemos xogar solos axudados da IA do xogo, ou cun amigo posiblemente en local e online para explorar a galaxia do xogo.
Propiedade: https://store.playstation.com/store/api/chihiro/00_09_000/container/US/en/999/UP0045-CUSA04075_00-LOVERS0000000000/1491321309000/image?_version=00_09_000&platform=chihiro&w=225&h=225&bg_color=000000&opacity=100
PlayStation 3:
-Invizimals: The Lost Kingdom: The Lost Kingdom bebe do universo Invizimals, pero ao estilo das aventuras de acción en terceira persoa como Ratchet & Clank. Ten plataformas, moitos combates e alguns puzles, e a variedade de Invizimals que imos cazando é a clave, inda que, dado que está pensado para un público eminentemente infantil, a súa dificultade é baixísima.
Propiedade: https://s4.thcdn.com/productimg/0/600/600/27/10831027-1373458319-641148.jpg
- Alien Rage: Seguimos cos tiros, xa que son a base de Alien Rage, un FPS de disparos en primeira persoa estreado dixitalmente no 2013, e que como puntos positivos ten unha posta en escena certamente vistosa e uns enfrentamentos contra xefes finais bastante épicos, inda que gráficamente non destacaba tampouco co seu uso do veterán Unreal Engine 3 nin a xogabilidade era precisamente adictiva, igual que o limitado multixogador. Polo menos se buscas soltar adrenalina, Alien Rage é pura destrucción.
Propiedade: https://store.playstation.com/store/api/chihiro/00_09_000/container/US/en/999/UP4321-NPUB30863_00-ALIENRAGEFULLCIG/1491327049000/image?_version=00_09_000&platform=chihiro&w=225&h=225&bg_color=000000&opacity=100
No hay comentarios:
Publicar un comentario